Publicaciones

Seducción redonda. Condonéate

Educación sexual e VIH. Campaña de prevención do VIH
Educación sexual e VIH. Campaña de prevención do VIH
Cómpre abordar as actividades preventivas da transmisión do VIH cun enfoque global, no contexto da promoción da saúde sexual, prevención de infeccións de transmisión sexual (ITS) e dos embarazos non desexados. Non obstante, a educación non pode reducirse a centrarse na prevención de perigos ou situacións de risco; hai que prestarlle á sexualidade a atención que merece considerándoa como unha dimensión fundamental do ser humano, como algo positivo e enriquecedor que vai alén do exclusivamente xenital, coital ou reprodutivo. Por este motivo, consideramos de especial importancia ter claros diferentes conceptos que teñen relación con e forman parte da sexualidade así como a importancia dunha educación sexual integral.